O noso río

Sárria (Lugo), Febreiro 2014.- Loita cidadá pola defensa dos rios e o desenrolo urbanístico racional e respectuoso coa paisaxe, o patrimonio e o entorno natural. Os cidadáns de Sárria opóñense ao actual proxecto de encauzamento dos rios, moi agresivo, e que supón a tala dun grande número de árbores de ribeira (Alnus e Fraxinus ) e a afectación de elementos de interés etnográfico e paisaxístico. Para evitar o inicio das obras que comezaban coa tala dos ameneiros, os veciños encadeáronse a eles, logrando o seu obxetivo. Desde ese momento permanecen nese lugar, que é unha ínsua do río Sárria, situada no centro da vila, resistindo dia e noite para impedir a tala e pedir o diálogo para consensuar un plan de encauzamento racional e respectuoso co medio.